martes, 28 de mayo de 2013

Marcelle (1º Parte)

Como todos sabedes, no día de onte tivemos a excursión de fin de curso. Fomos ao parque zoolóxico de Marcelle. Aínda que o sol non lucía moito, os nenos divertíronse e desfrutaron moito coa visita guiada polo parque e coa realización de diversas actividades.
Ao longo destes días iremos publicando varias fotos.




miércoles, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO


Durante os días 22 e 23 de xuño estivemos celebrando no cole o Día Internacional do Libro.

Os nosos alumn@s trouxeron ao cole libros para compartir, os cales estiveron durante estes días expostos fóra das aulas para que tódolos alumnos puideran lelos en diversos momentos do día.

Ademais ao longo dos días 22 e 23 de Abril visitaron a biblioteca onde lembraron, coa colaboración da nosa orientadora, as normas de uso así coma tamén recibiron o carné de socios. Aproveitaron tamén para consultar diversos fondos bibliográficos: enciclopedias, atlas…


lunes, 8 de abril de 2013

SESIÓN DE CONTACONTOS


O pasado venres os nenos de infantil tiveron unha sorpresa moi divertida: A visita dun contacontos.
Ao longo da tarde os máis cativos do noso cole coñeceron a Linda, unha vaca diferente ás demais. Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha granxeira que só quere recibir, por fin, un paquete san. http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=2520204&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13


jueves, 14 de febrero de 2013

Entroido II

O Entroido chegou ao seu fin pero deixounos momentos moi divertidos que queremos compartir con vos. Así que aquí vos quedan unha pequena mostra do ben que o pasamos no desfile e posterior festa de Entroido o pasado venres. Non perdades detalle dos disfraces!

martes, 5 de febrero de 2013

Entroido

Estes días de Entroido, temos no cole unha visita moi importante: Os noso Mecos, que este ano veñen vestidos de gala para a gran ocasión. Eles son os  encargados de dicirlle ós nen@s o que teñen que traer vestido cada día da semana. Mirade que divertido!

Mural do Día da Paz

Mirade que mural máis bonito fixeron os nenos de Educación Infantil para conmemorar o Día da Paz.

miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, un neno/a de cada aula de Educación Primaria participou na lectura do conto "La piedra de sopa".A continuación todos os nenos e nenas formaron a palabra PAZ no patio e bailaron e cantaron ao son da canción "Mensajes del agua" de Macaco. Como broche final lanzouse unha cometa feita con material de refugallo en relación co noso proxecto de Voz Natura.Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra do ben que o pasamos!