miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, un neno/a de cada aula de Educación Primaria participou na lectura do conto "La piedra de sopa".A continuación todos os nenos e nenas formaron a palabra PAZ no patio e bailaron e cantaron ao son da canción "Mensajes del agua" de Macaco. Como broche final lanzouse unha cometa feita con material de refugallo en relación co noso proxecto de Voz Natura.Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra do ben que o pasamos!

domingo, 27 de enero de 2013

VIII Obradoiro de Xogos Tradicionais

Os nosos alumnos e alumnas de 5º de Primaria, participaron no VIII Obradoiro de Xogos Tradicionais. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron.



Día dos Dereitos Humanos

O pasado 10 de Decembro, con motivo da conmemoración dos Dereitos Humanos, os alumnos e alumnas do Ceip Ben Cho Shey elaboraron estes marcapáxinas tan chulos. Ahora a ler moito!