martes, 27 de noviembre de 2012

"TITIRICIRCUS"

Hoxe os nenos e nenas do 1º Ciclo de primaria acudiron ao Auditorio para ver "Titiricircus"; unha lembranza fantástica e festiva do gran circo de carpa alta e bicolor : a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran con monicreques de fíos as glorias do seu pasado. A actuación tivo unha gran acollida entre o noso alumnado.

Charla: "Prevención de Incendios forestais"

No día de onte, un axente do SEPRONA levou a cabo unha charla sobre a prevención de incendios forestais, dirixida a todo o alumnado así coma ao profesorado do ceip Ben Cho Shey. Nesta intervención concienciouse da necesidade de previr incendios ademais da conservación e mantemento do entorno. Esta charla levouse a cabo en colaboración co SEPRONA e Voz Natura. Atoparedes máis información en http://aprendemosconbencho.blogspot.com.es/

domingo, 25 de noviembre de 2012

Educando en Igualdade

Ao longo do mes de novembro e decembro, o alumnado do CEIP Ben Cho Shey realizará diversas actividades tendo como eixe principal o lema : "Educando en Igualdade". Estas actividades levaranse a cabo en colaboración co Departamento de Orientación do noso centro.

martes, 20 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS.

Manualidades con froitos do outono.

Aquí vos deixo unha pequena mostra de manualidades feitas con froitos do Outono. Os artistas non podían ser outros que os nosos alumn@s, coa axuda dos seus familiares. Darvos as Grazas a todos pola vosa colaboración!

lunes, 12 de noviembre de 2012

O Magosto

O venres día 9 de novembro, celebramos no cole o Magosto. Foi un día moi divertido para os/as nen@s. Asamos castañas coa axuda da profe Salomé que é unha esperta en todo tipo de lareiras, bailamos e cantamos para celebrar o San Martiño. Tamén atopamos a castaña más grande do Concello de Pereiro de Aguiar grazas a Aldara de 4º de primaria. A súa castaña pesaba 34,8 gramos, non era unha castaña era un Castañazo! Para rematar a troula, os/as nen@s de Infantil estiveron a realizar xogos nos que a principal protagonista era a castaña, como non podía ser menos.

lunes, 5 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

Este ano polo Samaín, como xa ven sendo todo un clásico, realizouse unha exposición de cabazas en colaboración coas familias. Felicitarvos a todos pola vosa participación. Deixámosvos unha pequena mostra da exposición.